InicioSociedadeAdicam tinguirá de rosa este venres a Rúa do Príncipe como símbolo...

Adicam tinguirá de rosa este venres a Rúa do Príncipe como símbolo contra o cancro de mama

PUBLICADO O

- Advertisement -

Adicam (a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama) quere tinguir de rusa a Rúa Principe, en pleno centro de Vigo, para reivindicar a loita contra o cancro de mama. Chaman a cidadanía para acudir ás 18:00 da tarde do venres 26 de outubro vestidos de rosa.

O evento en si mesmo comezará sobre as 18:30 e convocan a toda a xente que queira acudir vestida de rosa. Adicam terá preparadas mesas informativas, música, gaiteros, spiker e ata unha escola de swing “que fará que todos aprendar a bailar”, subliñan.

Adicam é unha asociación de mulleres afectadas de cancro de mama que xorde en Cangas no ano 2000 coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua. É unha asociación sen ánimo de lucro, non gobernamental, que promove servizos complementarios aos realizados polas institucións públicas.

Os seus obxetivos: dar apoio emocional, orientación e asesoramiento ás persoas afectadas de tumor mamario e ás súas familias; favorecer unha mellor calidade de vida e de saúde ata desde a enfermidade e promover unha estreita solidariedade entre as mulleres afectadas, entre outros. Ofrecen información á sociedade sobre o cancro de mama e a importancia da detección precoz.

Trátase dun intento comprometido de contribuír ao aumento das expectativas de vida das persoas doentes de cancro e conseguir niveis dignos de calidade de vida para eles e os seus familiares.

Procuran conseguir difusión nos medios de comunicación para poñer en coñecemento da opinión pública que o cancro é unha realidade que afecta á saúde na súa vertente física, psicolóxica e social. 

Organizan diversas actividades, como un programa de atención psicosocial, un grupo de apoio mutuo, terapias, programas de voluntariado… Preparan cursos de relaxación, ioga, aerobic, ximnasia ou pilates, ademais de saídas lúdicas.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...