InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo di que o PP minte sobre as prazas...

O Concello de Vigo di que o PP minte sobre as prazas de funcionarios e vincula as vacantes “coa lei Montoro”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo acusou ao PP de “mentir deliberadamente” sobre a cobertura de prazas de funcionarios públicos no Concello, e admitiu que hai un “número substancial de vacantes” cubertas de forma interina, aínda que atribuíu esa circunstancia á chamada “lei Montoro”, que impuña unha taxa de reposición cero para esas prazas.

Así o trasladou, nunhas declaracións remitidas aos medios, a concelleira de Xestión Municipal, Patricia Rodríguez Calviño, que subliñou que “é totalmente falso” o afirmado pola edila do PP Patricia García, acerca de que o goberno non cubriu 337 prazas en 2023 por falta de dotación orzamentaria (segundo o interventor municipal).

Segundo a concelleira socialista, “a totalidade de postos teñen dotación orzamentaria, como obriga a Lei de Emprego Público de Galicia” e as vacantes “están cubertas interinamente da forma en que habilita a lei”. Esas prazas, engadiu, serán cubertas de forma definitiva cando se resolvan as ofertas públicas de emprego “que están en marcha”.

Rodríguez Calviño instou á edila do PP a “traballar un pouco para non confundir á cidadanía” e expresou que “sorprende que non saiba que o Concello ten un número substancial de vacantes pola lei Montoro, do goberno de Mariano Rajoy”.

Así, engadiu que “case 5 anos de taxa de reposición cero” tiveron como resultado que non se puidesen cubrir vacantes por xubilación ou outros motivos. Unha situación que, recalcou, “está a corrixirse co actual goberno de Pedro Sánchez”. Finalmente, sinalou que o Concello irá repondo esas prazas “ano a ano” incorporando o persoal para cubrir esas prazas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...