InicioMedio Ambiente e PatrimonioDenuncian vertidos fecais nos mananciais da traída de Mos dende a Cidade...

Denuncian vertidos fecais nos mananciais da traída de Mos dende a Cidade Deportiva do Celta

Ecoloxistas en Acción critica que "se está poñendo en risco a saúde das familias que se abastecen da auga ddos pozos que se atopan baixo a vertedura".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización Ecoloxistas en Acción denunciou ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil a existencia dun emisario de augas fecais que verte sobre os mananciais das traídas de augas veciñais en Mos, procedente da Cidade Deportiva do Celta.

Nun comunicado, Ecoloxistas en Acción expón que encargou unha análise a un laboratorio autorizado nos que se confirma que a vertedura “ten unha carga de fecais que supera en 35 veces o máximo permitido”. “Grazas á alerta dun veciño, detectouse esta tubaxe de gran diámetro que sae soterrada do alxibe de desperdicios da cidade deportiva do Celta, e cuxa boca está escondida entre matogueiras”, sinala a organización. Tras o aviso deste veciño, Ecoloxistas inspeccionou o perímetreo nordeste que limita co monte de Tameiga, e localizou unha tubaxe de gran diámetro, que sae as instalacións do club e que “verte a uns metros ladeira abaixo, coa boca do tubo escondida entre arbustos”.

Segundo denunciou, esta zona de vertedura está “a poucos metros” de varios pozos de extracción das traídas de augas veciñais de Mos, que abastecen a gran parte dos fogares das parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda. Por iso, a organización encargou a realización dun estudo a un laboratorio, cuxos resultados evidencian que esa vertedura contén unha alta concentración de coliformes fecais (3.600 ufc/100 ml, cando o máximo permitido é de 100), e tamén altas concentracións de enterococos e estreptococos, ou de escherichia coli.

Ecoloxistas en Acción puxo os feitos en coñecemento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, porque se está “poñendo en risco a saúde das familias que se abastacen da auga dos pozos que se atopan ladeira abaixo da vertedura“. Igualmente, informou á plataforma ‘A auga é vida’ e á Comunidade de Montes de Tameiga.

A enxeñeira forestal e portavoz da organización ecoloxista, Elena Álvarez subliñou que “o Celta coñece dabondo a existencia dos mananciais e captacións de auga das traídas”, e a pesar diso fai unha “vertedura continuado con alta carga de fecais” que “é unha ameaza”. “Isto é un delito ambiental, pero tamén un atentado contra a saúde pública que levaremos ante a xustiza”, advertiu.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...