InicioSociedadeAnte o peche temporal de Peinador haberá servizos de autobús entre Vigo...

Ante o peche temporal de Peinador haberá servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago

Activado desde este mércores pola Xunta de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta activa desde este mércores, 8 de maio, servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago para atender aos viaxeiros afectados polo peche temporal do aeroporto de Peinador e ante a “falta de alternativas” por parte do Goberno central, que promove a obra na pista. Entre a estación intermodal de Vigo e a terminal compostelá funcionarán seis servizos ao día, cunha duración aproximada dunha hora e media, e terán saída desde Vigo ás 04,30, 07,35 e 10,45 horas e do aeroporto cara a Vigo ás 08,45, 12,40 e 18,45 horas.

O servizo con saída de Vigo ás 04,30 horas, que permitirá aos usuarios coller os voos da primeira hora da mañá, prestarase nunha nova liña que se crea especificamente e que realizará unha parada intermedia en Pontevedra. Os outros cinco servizos adaptan o itinerario de servizos de autobús xa existentes de liñas da Coruña e Ferrol con Vigo, engadindo un desvío ao aeroporto de Santiago. A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Coa posta en marcha destes servizos, a Xunta ofrece unha solución urxente á necesidade de facilitar os traslados ao aeroporto de Santiago dos viaxeiros afectados polas obras na pista de aterraxe na terminal viguesa, que promove Aena.

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, lamentou que, a pesar de que se prevé que o peche do aeroporto dure polo menos o mes de maio, o Executivo central “non ofrecese unha alternativa para a conexión dos viaxeiros coa cidade de Vigo na reunión que mantivo a semana pasada o alcalde de Vigo, Abel Caballero, co ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente”.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...