InicioEconomíaO TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion...

O TSXG anula o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion en Stellantis, Benteler e Lear

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laborar de 2023 do persoal de Ilunion --centro especial de emprego do grupo ONCE-- nas compañías da automoción Stellantis (Vigo), Benteler (Mos e Valadares) e Lear (Valadares) ao "incumprir" o convenio autonómico e estatal de CEE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) anulou o calendario laboral de 2023 do persoal de Ilunion (centro especial de emprego do grupo ONCE) nas compañías da automoción Stellantis (Vigo), Benteler (Mos e Valadares) e Lear (Valadares) ao “incumprir” o convenio autonómico e estatal de CEE.

Segundo informou a CIG, a dirección de Ilunion impúñalle ao seu persoal as vacacións de Stellantis, “vulnerando” os convenios colectivos da CEE que establecen que se deberán repartir como máximo en dous períodos distintos de 16 días de duración, un deles a gozar durante o verán, pero a empresa “obrigaba a coller unha semana en decembro”.

En consecuencia, os delegados sindicais da CIG presentaron unha denuncia ante o Xulgado do Social de Vigo que deu a razón á empresa. O TSXG estimou o recurso da central sindical e anulou os calendarios laborais. Contra o fallo do Alto Tribunal galego cabe recursos de casación ante o Tribunal Supremo. Para a CIG a decisión xudicial “demostra unha vez máis” os “constantes incumprimentos” en materia laboral que os traballadores de Ilunion “levan anos denunciando”.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...