InicioSociedadeDiagnostican no Vithas Vigo un raro caso de apendicitis esquerda

Diagnostican no Vithas Vigo un raro caso de apendicitis esquerda

O caso tivo lugar no Servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo, que indica que "a localización esquerda do apéndice débese a unha malformación intestinal que se dá nun de cada 500 nacementos, un 0,2 % da poboación".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo diagnosticou un “raro caso de apendicitis esquerda” nunha paciente de 68 anos, intervida e xa recuperada, segundo informa. Sobre o mesmo, indica que “a localización esquerda do apéndice débese a unha malformación intestinal que se dá nun de cada 500 nacementos, un 0,2 % da poboación”.

Ademais, sinala que o TAC abdominal foi determinante para que o especialista a cargo do caso “diagnosticase a estraña patoloxía e evitar unha peritonitis”. A paciente, de 68 anos, acudiu ao servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo cunha dor abdominal en flanco esquerdo que persistía durante 24 horas e, finalmente, o TAC permitiu determinar a presenza de “unha anomalía morfolóxica en colon”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...