InicioPolíticaFeijóo e Caballero, destinados a colaborar para a chegada da estación do...

Feijóo e Caballero, destinados a colaborar para a chegada da estación do AVE a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O arquitecto estadounidense Thom Mayne foi o encargado de deseñar o proxecto da nova estación do AVE en Vigo. As obras de construción comezarán este outono, máis concretamente este 5 de novembro. O primeiro de todo será a instalación dun armazón, traballo que levará uns 10 meses, como dixo o alcalde da cidade, Abel Caballero, en rolda de prensa.

Logo chegarán outros pasos como a adecuación dos accesos, cun elevado custe de 10,7 millóns de euros que curiosamente serán cofinanciados entre o Concello e a Xunta, que aportan 2,3 e 1,7 millóns de euros cada un. O resto da inversión corre a cargo de Adif.

Mentres que o goberno de Caballero se encargará da reordenación do tráfico e de construír un túnel de acceso, a Xunta realizará obras de acceso á estación de autobuses.

Abel Caballero, en cambio, desmarcouse e precisou que o goberno galego “non ten nada que ver coa estación do AVE”, e que “se limitará a construír unha terminal de autobuses”. Incluso advertiu á Xunta de que “queremos que a estación de buses teña un deseño acorde con Thom Mayne, non un pastiche diante dunha gran obra”.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...