InicioPolíticaUn desafiuzamento ao día en Vigo: "Canto máis teñen que subir os...

Un desafiuzamento ao día en Vigo: “Canto máis teñen que subir os alugueres para que o alcalde actúe?”

O BNG de Vigo criticou que o alcalde, Abel Caballero, nege "de forma cínica e irresponsable" o problema dos desafiuzamentos na cidade, indicando que no que vai de ano houbo de media un destes casos ao día.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo criticou que o alcalde, Abel Caballero, nege “de forma cínica e irresponsable” o problema dos desafiuzamentos na cidade, indicando que no que vai de ano houbo de media un destes casos ao día. Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, alertou de que os alugueres subiron de media na urbe un 9 % no último ano. Por iso, preguntouse “canto máis teñen que subir os alugueres para que o alcalde, Abel Caballero, actúe”.

Así, interpelará ao goberno local na próxima xerencia municipal de urbanismo para coñecer os avances que deu o Concello para facer realidade as oito medidas recollidas na moción do BNG aprobada no último pleno, entre as que se atopa a declaración de zona tensionada. 

“Que máis ten que pasar para que o Concello deixe de estar de brazos caídos e tome algunha medida diante do gravísimo problema da vivenda en Vigo? Cantos vigueses teñen que ser expulsdos da súa cidade por non poder permitirse o luxo de vivir en Vigo?”, criticou Igrexas. E engadiu outro problema que vive Vigo e son, ao seu xuízo, os desafiuzamentos, “a pesar de que esta realidade fose negada de forma cínica e irresponsable por parte de Abel Caballero”. No primeiro trimestre deste ano rexistráronse 91 casos, segundo as súas cifras. É dicir, un ao día de media.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...