InicioCulturaThe Rapants, José James ou The Jayhawks, entre os artistas que actuarán...

The Rapants, José James ou The Jayhawks, entre os artistas que actuarán no Festival TerraCeo de Vigo

Celebrarase entre o 11 de maio e o 7 de setembro na terraza do auditorio Mar de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

The Rapants, José James ou The Jayhawks son algúns dos artistas que actuarán na quinta edición do Festival TerraCeo, que se celebrará desde o 11 de maio ata o 7 de setembro na terraza do auditorio Mar de Vigo.

Así, este ano o evento contará cun programa de 12 concertos, segundo anunciou a organización este martes. Precisamente ao acto acudiu o alcalde, Abel Caballero, quen valorou o festival como un “evento moi consolidado con gran capacidade de atracción”.

Este ano, o TerraCeo contará con tres artistas internacionais como José James, co seu soul jazz; The Jayhawks e The Tallest Man On Earth. A eles súmanse nove concertos de bandas e artistas nacionais como Los Secretos e Pancho Varona ou Tarque & A Asociación do Riff.

The Rapants, Rebeliom do Inframondo, Ángel Stanich, Niño de Elxe, Christina Rosenvinge, Los Estanques e Niña Polaca tamén forman parte do cartel.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...