InicioMedio Ambiente e PatrimonioUn estudo do CSIC analiza os patróns de uso das Illas Atlánticas...

Un estudo do CSIC analiza os patróns de uso das Illas Atlánticas por parte das raias

As femias que pasan menos tempo dentro dos límites do Parque presentan unha amplitude de nicho isotópico maior en comparación co resto de exemplares da poboación. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do grupo Ecoloxía Mariña Integrada (Inmare) do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC, Vigo), lidera unha liña de investigación sobre a ecoloxía espacial de organismos mariños no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, centrándose en especies como quenllas e raias. Nos últimos días, deuse conta dos primeiros resultados respecto diso, reportando a existencia de dimorfismo sexual no uso do espazo e dos recursos.

Así, as femias que pasan menos tempo dentro dos límites do Parque presentan unha amplitude de nicho isotópico maior en comparación co resto de exemplares da poboación. “Estes resultados arroxan luz sobre o papel do Parque Nacional na conectividade ecolóxica das especies de elasmobranquios das nosas costas; pero aínda quedan moitos interrogantes sen resposta“, indicou o investigador Alexandre Alonso. “As femias que pasan menos tempo en augas do Parque Nacional están expostas a unha maior diversidade de recursos e presas de distintos niveis tróficos e/ou que habitan en contornas diferentes.

Este comportamento favorece unha conectividade ecolóxica a nivel poboacional esencial para manter unha poboación saudable. Neste sentido, as femias menos residentes xogan un papel crucial na conectividade funcional ao facilitar a transferencia de materia e enerxía dentro e fóra do Parque“, explican desde o equipo de investigación, integrado por investigadores do IIM-CSIC e da Universidade de Vigo. Segundo recolle o CSIC nun comunicado, estas investigacións están a ser determinantes para obter información sobre os patróns de uso espacial das raias no Parque, o que podería ser “útil” para suxerir zonas de especial protección, tal como apunta Alonso.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...