InicioEconomíaStellantis volverá parar parte da súa produción a semana que vén por...

Stellantis volverá parar parte da súa produción a semana que vén por problemas de aprovisionamento

Segundo informou a dirección da empresa aos sindicatos, a previsión é que o arranque da liña se leve a cabo o luns 1 de abril, na quenda das 06.00 horas. Non entanto, aínda está no aire cando volverán operar os talleres de Ferraxe e Pintura, que se concretará "canto antes".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá parar parte da súa produción a semana que vén pola persistencia dos problemas de aprovisionamento que vén sufrindo a planta nos últimos tempos. En concreto, será o Sistema 1, onde se ensamblan os Peugeot 2008, o que parará o luns, martes e mércores da semana que vén, 25, 26 e 27 de marzo, xusto o tres días antes dos festivos de Semana Santa.

Segundo informou a dirección da empresa aos sindicatos, a previsión é que o arranque da liña se leve a cabo o luns 1 de abril, na quenda das 06.00 horas. Non entanto, aínda está no aire cando volverán operar os talleres de Ferraxe e Pintura, que se concretará “canto antes”. Desta maneira, unha vez máis Stellantis Vigo vese obrigada a parar por problemas loxísticos. Esta semana, a compañía tamén detivo parte da súa produción por falta de pezas, do mesmo xeito que ocorreu en reiteradas ocasións durante os últimos anos, cando se viu afectada pola crise dos microchips.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...