InicioPolíticaDimite a executiva do PSOE de Salvaterra de Miño polos "malos resultados"...

Dimite a executiva do PSOE de Salvaterra de Miño polos “malos resultados” das autonómicas

A formación critica a convocatoria "exprés" dun congreso extraordinario por parte da executiva nacional e asegura que "seguirá traballando por un PSOE forte na localidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A executiva municipal do PSOE en Salvaterra de Miño acordou a súa dimisión en bloque tras os “malos resultados” obtidos pola formación nas eleccións do pasado 18 de febreiro. Nesta cita coas urnas, os socialistas cultivaron o seu peor resultado histórico, con só nove escanos no Parlamento de Galicia, cinco menos que os alcanzados nas autonómicas de 2020.

Nun comunicado remitido aos medios, a Agrupación local sinala que as eleccións do 18F supuxeron “a perda de 400 votos en Salvaterra, (sendo aínda así, o mellor resultado porcentual da comarca do Condado-Paradanta, cun 15,50%), e que se traduciu na perda de cinco deputados no Parlamento galego, dous deles na provincia de Pontevedra.

Ademais, critica a convocatoria “exprés” dun congreso extraordinario por parte da executiva nacional, ao considerar que “unicamente permitirá o cambio de caras pero non o debate interno”. “Un congreso exprés non favorece a participación da militancia, polo que estariamos a falar dunha fraude de lei, xa que nos propios estatutos do partido indican que se promoverá a participación dos militantes, cousa que non se dá nesta convocatoria”, advirte o comunicado.

“Ante esta ausencia de responsabilidades”, a agrupación sinala que a militancia de Salvaterra acordou a dimisión da súa executiva, que “seguirá traballando por un PSOE forte na localidade”. Por último, apunta que os catro concelleiros socialistas do municipio seguirán prestando o seu labor como líderes da oposición, “traballando polo interese xeral dos veciños”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...