InicioMedio Ambiente e PatrimonioA praia de Rodas, nas illas Cíes, chega de cabos, cordas, tapas...

A praia de Rodas, nas illas Cíes, chega de cabos, cordas, tapas e tapóns de plástico

O 'Informe Macrolixos das costas españolas', elaborado polo proxecto 'A España Azul' en decembro de 2023, encabezado polo naturalista e explorador Nacho Dean, documenta o estado de tres ecosistemas galegos pondo o foco na contaminación por plásticos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As praias galegas están cheas de residuos máis aló dos pélets ou microplásticos. Cheas de lixo mariño entre o que está o plástico, en gran cantidade, en forma de bolsas e envases, principalmente, pero tamén o cartón e o papel das cabichas dos pitillos. Semella que a práctica de fumar na praia é moi habitual nos areais galegos, onde os fumadores non son conscientes da elevada contaminación que estes residuos supoñen. O ‘Informe Macrolixos das costas españolas‘, elaborado polo proxecto ‘La España Azul en decembro de 2023, encabezado polo naturalista e explorador Nacho Dean, documenta o estado de tres ecosistemas galegos pondo o foco na contaminación por plásticos. Dende Galicia Confidencial recollemos os datos da súa experiencia de limpeza nas praias de Covas (Viveiro), Rodas (Íllas Cíes) e Riazor e Orzán (A Coruña).

A praia de Rodas, situada nas Illas Cíes e nomeada como a máis bonita do mundo no ano 2007, sendo a máis visitada de Galicia, realizouse unha limpeza con 42 voluntarios 17 de decembro de 2022, na que se mostrearon 600 metros de areal e se recolleron 30,62 quilos de residuos. O acceso a esta praia, hai que lembrar, está limitado a un número máximo de visitantes, debido a que este paraíso de augas cristalinas atópase no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Pese a todo, non por estar nun espazo protexido conta con menos contaminación, pois ao final os limpadores recolleron 3.003 ítems de lixo mariño, un 57,28 % deles fragmentos plásticos de diversos tamaños e de poliestireno. Do 42,72 % restante, a categoría máis recollida foi o plástico, nun 74,51 %. Entre os plásticos, destaca a alta presenza de cabos, cordas e cordeis, tapas, tapóns e anillas, sendo respectivamente, o 25,63 % e o 23,74 %. Tamén hai que mencionar que é a única praia na que se atoparon palas de bateas usadas no cultivo de mexillóns. 

En segundo lugar, atópanse residuos hixiénicos, que representan un 15,59 % dos residuos. A eles síguenlles o papel e o cartón (5,38 %), a madeira (1,71 %), o metal (1,17 %), os lixos de especial estudo (0,78 %), os residuos médicos (0,16 %) e o vidro (0,08 %). En números, acháronse na praia de Rodas 245 cabos, cordas e cordeis; 227 tapas, tapóns e anillas; 178 bastonciños de orellas; 116 obxectos de acuicultura; 90 bolsas e sacos de plástico; e 79 envases de comida. Así, os voluntarios determinaron que as principais fontes de contaminación foron a falta de concienciación sobre o impacto dos residuos e os residuos procedentes da industria pesqueira e do marisqueo. Entre as solucións, consideran preciso instalar máis puntos de recollida de residuos na praia, o fomento das limpezas de praias, as campañas de educación e sensibilización ambiental, a mellora da regulación pesqueira e do marisqueo, a produción de materiais de pesca e acuicultura máis sostibles e o fomento do turismo e o consumo sostibles.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...