InicioSociedadeUn xulgado vigués fixa unha pensión de 40 euros para unha mascota...

Un xulgado vigués fixa unha pensión de 40 euros para unha mascota tras un divorcio

O xuíz que ambos abonarán "a metade dos gastos extraordinarios e de veterinario".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Pontevedra ratificou recentemente unha sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 15 de Vigo, na que se fixa, entre outras cuestións, unha ‘pensión’ de 40 euros mensuais para unha mascota tras un proceso de divorcio.

En concreto, na sentenza, na que tamén se establecen condicións de custodia e pensión para os fillos da parella divorciada, o xuíz determina que a mascota do matrimonio quedará ao coidado da muller e que ambos abonarán “a metade dos gastos extraordinarios e de veterinario”.

No entanto, atendendo a maior poder adquisitivo do home, a sentenza establece que el “contribuirá ao gasto do animal coa suma de 40 euros ao mes”, unha cantidade “actualizable anualmente conforme ao IPC”.

A sentenza orixinal data de febreiro do ano pasado, aínda que foi confirmada a finais de 2023 pola Audiencia de Pontevedra tras un recurso interposto pola muller en relación ao réxime de custodia compartida dos fillos da parella, así como ao uso dun vehículo. A Audiencia rexeitou o recurso e confirmou a decisión xudicial inicial.

ÚLTIMAS

Miles de persoas paralizan o centro de Vigo nas protestas centrais de sindicatos: “Non vivimos só para traballar”

Miles de persoas manifestáronse na mañá deste xoves 1 de Maio en Vigo, cidade...

Xa se permite o baño en todas as praias viguesas excepto na Foz tras a parada da depuradora polo apagamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello xa permite o baño en todas as...

A morte dun home de 45 anos obriga a pechar un supermercado en Nigrán

Un home de 45 anos, veciño de Nigrán, perdeu a vida este mércores no...

Vigo acollerá este xoves as protestas centrais de sindicatos polo 1 de maio co foco posto en rebaixar a xornada

Sindicatos volverán saír á rúa en Galicia este xoves 1 de maio, Día Internacional...