InicioSociedadeUn acertante de 'A Primitiva' gana máis de 1,2 millóns de euros...

Un acertante de ‘A Primitiva’ gana máis de 1,2 millóns de euros en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O dono dun boleto de ‘La Primitiva’ validado en Vigo percibirá máis de 1,2 millóns de euros ao ser o único acertante de Primeira Categoría no sorteo celebrado este xoves, segundo informou Lotarías e Apostas do Estado.

En concreto, o gañador recibirá un total de 1.254.694,14 euros. O boleto foi validado no Despacho Receptor número 88.225 de Vigo, situado na estrada Bembrive, 226. A combinación gañadora do sorteo de ‘La Primitiva’ celebrado este xoves, 14 de agosto, estivo formada polos números 7, 11, 16, 36, 43 e 12. O número complementario é o 26, o reintegro o 2 e o Joker, 8891458. A recadación ascendeu a 11.291.185,00 euros.

No sorteo da Primitiva de hoxe non existen boletos acertantes de Categoría Especial (seis acertos máis reintegro), polo que co bote xerado que se porá en xogo no próximo sorteo da Primitiva, onde un único acertante de Primeira Categoría con Categoría Especial podería gañar 53.500.000,00 euros.

ÚLTIMAS

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...

A PLISAN estréase como área de apoio loxístico para o tráfico de vehículos do Porto de Vigo

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, informou este venres ao Consello...

Ata oito nenos feridos nun accidente entre un bus escolar e un camión en Vigo

Polo menos oito persoas resultaron feridas leves na mañá deste venres ao rexistrarse un...

Feijóo, o candidato que tivo que borrar a hemeroteca para falar de xestión

Por Pedro de CastroNo debate a catro do 26 de novembro, Alberto Núñez Feixóo...