InicioSucesosDesarticulada unha organización dedicada á explotación sexual de mulleres en Vigo

Desarticulada unha organización dedicada á explotación sexual de mulleres en Vigo

A investigación permitiu liberar a catro vítimas que vivían "hacinadas en condicións de insalubridad"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas foron detidas en Vigo tras a desarticulación dunha organización criminal dedicada á captación e posterior explotación sexual de mulleres, ás que tiñan “totalmente controladas” baixo ameazadas e “hacinadas en condicións de insalubridade” en pisos de citas.

Tal como informou a Policía Nacional, a investigación comezou en 2022, cando se tivo coñecemento da existencia dun piso de citas na cidade olívica onde se podía estar a realizar esta explotación sexual. Grazas á cooperación entre distintos persoais policiais de Galicia, púidose comprobar que o principal investigado era coñecido no seu país de orixe por financiar a viaxe das vítimas desde Sudamérica a España. Unha vez en Vigo, eran aloxadas nalgún dos múltiples pisos que a organización tiña, onde eran explotadas sexualmente.

Dita explotación tiña como obxectivo saldar a débeda contraída pola súa viaxe, que nalgúns casos chegada a ascender a uns 7.000 euros. “O principal investigado se valía doutros compatriotas para levar a cabo tanto o tráfico de persoas como a súa posterior explotación sexual e férreo control, estimando os investigadores a existencia de ao redor unha trintena de vítimas que foron traficadas e explotadas, xerando importantes ingresos económicos á Organización, dos que posteriormente facían alarde en Redes Sociais publicando festas en barcos, ceas en restaurantes exclusivos e luxosos artigos de agasallo”, engade a Policía Nacional.

Froito da investigación o pasado martes procedeuse á detención de catro integrantes da organización e ao rexistro de dúas vivendas utilizadas para as súas actividades ilícitas, liberándose a catro mulleres que se atopaban no interior dos pisos en situación de explotación e en condicións de habitabilidade “ínfimas”.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...