InicioVal MiñorBaionaRueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en...

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións felicitou tamén a Baiona pola súa "posición punteira como referente turístico en Galicia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de eventos como a Festa da Arribada de Baiona no aumento da desestacionalización do turismo en Galicia. “Festas como esta, de Interese Turístico Internacional, colócannos tamén no mapa en moitísimos sentidos para que a xente veña e coñeza estas marabillas todo o ano”, asegurou, tras o que se referiu a as cifras de 2023, que pechou “con importantes incrementos” tanto na tempada media como baixa, cun 6% e 12% máis con respecto ao 2022, respectivamente.

O titular do Executivo galego en funcións asistiu á celebración do 531 aniversario da chegada de Martín Alonso Pinzón ao mando da carabela Pinta ao porto baionés con noticias do Novo Mundo.

Unha cita que aproveitou para felicitar a Baiona pola súa “posición punteira como referente turístico en Galicia”. Neste sentido, destacou que a comunidade se situou como o primeiro destino do norte peninsular, con máis de sete millóns de viaxeiros aloxados en establecementos turísticos e cunha presenza internacional que “marcou niveis máximos”.

“Toda esa xente de moitas partes que nos visita, que nos goza, que nos está descubrindo ou redescubrindo en moitos casos, tamén é unha oportunidade que hai que aproveitar”, defendeu. Así mesmo, o presidente da Xunta destacou que a Festa da Arribada, que este ano cumpre a súa 28 edición, é unha “ocasión perfecta” para “rememorar o importante papel de España e Galicia en América, un continente moi vinculado cos galegos e galegas”.

Nesta liña, remarcou a transcendencia da Estratexia Retorna posta en marcha pola Xunta para “dicirlles a todos eses descendentes de galegos que teñen aquí na súa terra, a que nunca esqueceron, un lugar de novas oportunidades”, comentou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...