InicioPolíticaPontón (BNG) esixe ao PP que "escoite a Vigo" e pide que...

Pontón (BNG) esixe ao PP que “escoite a Vigo” e pide que o 50% das vivendas proxectadas en Navia sexan públicas

Así o sinalou a líder do Bloque nun acto de presentación do oito deputados que o partido obtivo na provincia de Pontevedra nas pasadas eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu este martes ao Partido Popular (PP) que “escoite a Vigo” e anunciou que a primeira medida que os nacionalistas solicitarán para atender as necesidades da cidade será reclamar que o 50% da vivenda proxectada no barrio de Navia sexa pública, para ofrecer en aluguer a prezo taxado. Así o sinalou a líder do Bloque nun acto de presentación do oito deputados que o partido obtivo na provincia de Pontevedra nas pasadas eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Pontón agradeceu o apoio “espectacular” que os vigueses deron ao BNG, que se situou como primeira forza política na cidade con preto do 37% dos votos, sendo así a “clara alternativa ao PP”. Isto, segundo dixo, “anticipa o futuro” e dálle ao Bloque “ilusión e esperanza” para seguir traballando e “construíndo en positivo” por Vigo e polo resto de Galicia.

“O PP debe de tomar nota do que pasou en Vigo, porque o Goberno da Xunta non escoite e non atende á cidade”, criticou Ana Pontón, pedindo ao Executivo galego que acabe cos “malos tratos e a discriminación” da urbe olívica e comece a escoitar “a todas as persoas que non pensan como o PP”.

Entre as súas peticións, a portavoz nacionalista referiuse á “misión imposible” que supón o acceso á vivenda en Vigo, polo que este problema centrará a primeira proposta que o Bloque levará ao Parlamento de Galicia na nova lexislatura. Así, solicitará que o 50% das vivendas proxectadas en Navia sexan públicas para aluguer social. “Estamos a falar dunhas 800 vivendas”, reivindicou, lembrando que ata 15 barrios de Vigo están “tensionados” por altos prezos no aluguer.

Ela destacou a importancia desta medida, referíndose a que o 40% das persoas inscritas como demandantes de vivenda protexida en toda Galicia é de Vigo. Pontón pechou a súa intervención pondo en valor esta “nova etapa” na que o Bloque “traballará con ilusión” e con “máis forza” por Vigo e por Galicia, porque os vigueses “merecen un trato distinto e á altura do apoio que lle deron ao BNG”.

O portavoz do BNG de Vigo, Xabier Pérez Iglesias, tamén puxo en valor os resultados electorais dos nacionalistas e agradeceu aos vigueses o apoio recibido.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...