InicioSucesosA investigación dunha rede vinculada á mafia deixa dous detidos en Vigo

A investigación dunha rede vinculada á mafia deixa dous detidos en Vigo

Permitiu a confiscación de varios millóns de euros en efectivo, así como a intervención dun centenar de contas bancarias, segundo informaron fontes xudiciais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A investigación europea sobre unha organización vinculada á Cousa Nostra italiana, e que incluíu a detención dun matrimonio de nacionalidade italiana nun domicilio de Vigo, permitiu a confiscación de varios millóns de euros en efectivo, así como a intervención dun centenar de contas bancarias, segundo informaron fontes xudiciais.

Na entrada e rexistro de Vigo, os investigadores incautáronse de máis de 100.000 euros en efectivo, ademais de xoias e reloxos de luxo. O matrimonio detido, que vivía na cidade cun menor e con outro familiar, ingresou en prisión por orde da Audiencia Nacional.

En Italia, a Garda dei Finanza tamén levou a cabo rexistros en Xénova e Palermo, onde se confiscaron máis de 3 millóns de euros en efectivo, ademais de reloxos e automóbiles de alta gama. Ademais, están en curso operacións de confiscación preventiva de máis de tres millóns de euros, informaron desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A confiscación afecta a un centenar de contas financeiras, das que 54 están situadas en Italia, outras 26 en España e 20 en Portugal; así como participacións no capital social de 15 empresas (7 con sede en Italia, 4 en España e outras 4 en Portugal). Fontes xudiciais explicaron que, co fin de levar a cabo as actividades de confiscación de contas financeiras e empresas en España e Portugal emitíronse certificados de conxelación, de conformidade co Regulamento UE 2018/1805 do Parlamento europeo e do Consello da UE, cuxa execución “foi posible grazas á colaboración proporcionada por EUROJUST, que coordinou a acción das autoridades xudiciais italianas, españolas e portuguesas.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...