InicioSociedadeO Supremo anula a orde de derriba da Xunta para unha casa...

O Supremo anula a orde de derriba da Xunta para unha casa en servidume de Costas en Vilaboa

Os maxistrados do TS determinan que a Xunta non pode ordenar a derriba dunha edificación "amparada nunha licenza urbanística municipal, conforme á formulación en vigor e axustándose as obras á devandita licenza".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo ratificou a anulación da orde de derribo da Xunta para unha casa situada na franxa de servidume de Costas no municipio pontevedrés de Vilaboa. Nunha sentenza emitida en xaneiro e que xa é firme, o TS desestima o recurso de casación presentado pola Administración autonómica contra o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que outorgou validez á licenza municipal para as obras promovidas na vivenda.

Agora, o Supremo apoia esta conclusión ao entender que a Administración autonómica carece de competencias para ordenar o restablecemento da legalidade de protección o dominio marítimo terrestre e a súa zona de influecia. Así, os maxistrados do TS determinan que a Xunta non pode ordenar a derriba dunha edificación “amparada nunha licenza urbanística municipal, conforme á formulación en vigor e axustándose as obras á devandita licenza”. Deste xeito, conclúe que, para proceder á demolición da vivenda en cuestión, debe recurrise “á impugnación da referida licenza en vía contencioso-administrativa”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...