InicioEconomíaForvia, con centros de traballo en Vigo, anuncia 10.000 despedimentos en toda...

Forvia, con centros de traballo en Vigo, anuncia 10.000 despedimentos en toda Europa

A empresa planea recortar nos próximos cinco anos eses 10.000 empregos como parte da estratexia para competir cos seus rivais asiáticos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O provedor de compoñentes automobilísticos Forvia (froito da compra da alemá Hella por parte de Faurecia), que conta con plantas en Vigo e Ourense, anotouse un beneficio neto consolidado de 222 millóns de euros en 2023, fronte ás perdas de 382 millóns rexistradas no ano anterior, segundo as contas publicadas pola empresa este luns, á vez que anunciou un recorte de 10.000 postos de traballo.

A cifra de negocio da compañía incrementouse un 10,9% o ano pasado, ata 27.248 millóns de euros, á vez que o seu beneficio operativo ascendeu ata os 1.439 millóns, un 13,6% máis que un ano antes.

O conselleiro delegado de Forvia, Patrick Koller, asegurou que Forvia tivo un “desempeño sólido” en 2023, grazas a un forte crecemento das vendas e da marxe operativa, así como as “sinerxías con Hella”.

“Cumprimos a nosa principal prioridade: seguir desapalancando a empresa tras a adquisición de Hella. Reducimos a nosa débeda neta en preto de 1.000 millóns de euros ao longo do ano, grazas á combinación dunha forte xeración de efectivo e a finalización exitosa do primeiro programa de alleamento de 1.000 millóns de euros que se lanzou a mediados de 2022”, destacou Koller.

RECORTE AO 13% DO SEU PERSOAL

Así mesmo o fabricante francés anunciou que planea recortar aproximadamente o 13% do seu persoal europeo, uns 10.000 empregos, nos próximos cinco anos como parte da súa estratexia para competir mellor cos seus rivais asiáticos na transición cara aos vehículos eléctricos. Forvia empregaba a aproximadamente 75.500 traballadores a finais do ano pasado.

A empresa espera que os esforzos para reducir gastos, incluíndo cambios na manufactura rexional e no investimento en investigación e desenvolvemento, xeren aforros de ao redor de 500 millóns de euros de maneira anual para o 2028, segundo detallou a empresa o luns.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...