InicioSociedadeEntra en prisión Roberto Ballesteros, o ex alcalde pedáneo de Bembrive, condenado...

Entra en prisión Roberto Ballesteros, o ex alcalde pedáneo de Bembrive, condenado por malversación e prevaricación

Foi condenado a dous anos e dous meses de cárcere por prevaricación, falsidade e malversación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ex alcalde pedáneo de Bembrive, en Vigo, ingresou na prisión da Lama nos últimos días, segundo confirmaron fontes xudiciais consultadas por Europa Press. O socialista Roberto Ballesteros foi condenado a dous anos e dous meses de cárcere por prevaricación, falsidade e malversación e, a finais de xaneiro, envióuselle un auto no que se lle requiría a súa entrada en prisión de forma voluntaria, baixo apercibimento de que, de non facelo, daríase traslado ás forzas e corpos de seguridade do Estado.

Xa en xuño de 2022 a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenara o ingreso en prisión ao desestimar un recurso de súplica do condenado, e despois de varios intentos anteriores de evitar o cárcere. A entrada en prisión postergouse pero, unha vez esgotadas todas as vías de recurso, en xaneiro a Audiencia marcoulle un prazo para que se fixese efectiva a pena de cárcere.

Roberto Ballesteros foi condenado en maio de 2017 a 7 anos de inhabilitación por retirarlles, nunha decisión ilegal, as retribucións aos vogais do PP na Xunta Veciñal de Bembrive. Posteriormente, en abril de 2021, foi condenado por pagar unha obra que non se chegou a executar, polos delitos de falsidade documental, prevaricación e malversación; nese caso a sentenza foi de dous anos e dous meses de prisión, e 7 anos de inhabilitación (e tamén foi condenado un construtor como cooperador necesario).

En marzo de 2022, nunha terceira causa, Roberto Ballesteros aceptou 9 anos de inhabilitación por prevaricación administrativa, pola adxudicación de varias obras ‘a dedo’ por valor de case 800.000 euros, entre 2013 e 2016. Dáse a circunstancia de que o posterior alcalde pedáneo de Bembrive e sucesor de Ballesteros, o tamén socialista Marcos Castro, foi condenado a 12 anos de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación, pola adxudicación irregular de varios contratos para a subministración de sidra destinada á Festa da Sidra desta parroquia, nos anos 2019 e 2020.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...