InicioSucesosDetido por roubar nunha tenda de roupa na rúa Rosalía de Castro...

Detido por roubar nunha tenda de roupa na rúa Rosalía de Castro e ameazar cunha navalla ao dono cando saíu na súa persecución

Os axentes atopáronlle nun peto ao presunto ladrón unha navalla de 8,5 centímetros de fío e mango de madeira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 48 anos de idade, D.V.C., como presunto autor dun roubo con violencia e intimidación, tras subtraer supostamente varias pezas dunha tenda, e ameazar logo cunha navalla ao dono do negocio, que se saíu na súa persecución.

Os feitos ocorreron na mañá do xoves, cando o 092 recibiu unha chamada para alertar dun roubo nunha tenda de roupa da rúa Rosalía de Castro. A persoa que chamou achegou unha descrición do ladrón e informou de que o dono do negocio saíra detrás do sospeitoso. Unha patrulla que estaba nas inmediacións achegouse ao lugar e observou a un home que lles facía xestos, indicando por onde se escapou o ladrón. Finalmente, o sospeitoso foi interceptado na rúa República Arxentina.

O dono da tenda explicou aos axentes que ese individuo entrara no seu comercio e que collera 3 cazadoras, fuxindo sen pagar. Un empregado saíu detrás del e deulle alcance, recriminándolle polo que fixera e pedíndolle que devolvese a roupa, pero o home revolveuse e zarandeou á traballadora, á que lesionou nunha boneca e saíu fuxindo.

O propietario do negocio escoitou os berros da súa empregada e saíu dunha oficina anexa, perseguindo ao sospeitoso, pero este deuse a volta e, sacando do seu peto unha navalla, encarouse co home e ameazouno, polo que o dono da tenda optou por manter a distancia e pedir axuda á Policía. Cando foi detido, no cacheo, os axentes atopáronlle nun peto ao presunto ladrón unha navalla de 8,5 centímetros de fío e mango de madeira, que quedou incautada.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...