InicioEconomíaO comité de Vitrasa rebaixa as súas pretensións económicas para desbloquear o...

O comité de Vitrasa rebaixa as súas pretensións económicas para desbloquear o conflito

Co obxectivo de pór fin a unha situación que perdura desde fai xa máis de tres anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria municipal do transporte urbano do Concello de Vigo, Vitrasa, e o comité de empresa volverán reunirse este venres para tratar de desbloquear o conflito, polo que os representantes dos traballadores rebaixaron as súas pretensións económicas co obxectivo de pór fin a unha situación que perdura desde fai xa máis de tres anos.

Despois de dous encontros de mediación levados a cabo a principios desta semana, este venres ambas as partes emprazáronse a seguir negociando. Por iso, o comité decidiu propor unha subida salarial para o ano 2021 do 3%, do mesmo xeito que en 2022.

A pesar de que recoñece que a perda de poder adquisitivo neses anos superou o 12% e a día de hoxe alcanza o 16,1%, o comité subliñou que esta rebaixa das súas pretensións busca desbloquear o conflito e paralizar a folga indefinida, que comezou a finais de novembro do ano pasado.

“Sabemos que a empresa se atopa cómoda cos servizos mínimos postos polo Concello á carta, xa que con 49 autobuses diarios cheos de pasaxeiros a súa rendibilidade aumenta considerablemente e, ademais, o máximo responsable do transporte urbano, Abel Caballero, ata agora non lles esixe repor o servizo”, criticou o comité.

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...