InicioSociedadeO TSXG confirma a condena de 16 anos de cárcere para o...

O TSXG confirma a condena de 16 anos de cárcere para o perruqueiro que agrediu sexualmente a dous menores

O tribunal provincial estableceu indemnizacións aos menores e ao Sergas por case 30.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a pena de 16 anos de cárcere para un perruqueiro de orixe venezolana que agrediu sexualmente a dous nenos de 13 anos en Vigo, aínda que estimou parcialmente o recurso presentado pola sea defensa, e deixou sen efecto a substitución da pena de prisión pola expulsión do país.

Os feitos remóntanse a novembro de 2020, cando o acusado forzou a un neno a manter relacións sexuais completas, aínda sabendo que tiña infección por VIH e do risco que iso comportaba para o menor. Como consecuencia destes feitos, o neno contaxiouse dunha enfermidade de transmisión sexual (unha gonorrea que foi tratada con antibióticos e cunha vacina contra o virus do papiloma humano) e sufriu danos psíquicos e tensión postraumática. A vítima tivo problemas de irritabilidade, ansiedade e perdeu un curso académico.

A outra agresión produciuse uns días máis tarde, tamén na vivenda do acusado, na que realizou tocamentos a outro menor co que quedara, coa escusa de porlle unha loción no cabelo.

Por estes feitos, o tribunal provincial condenouno a penas que suman 16 anos de cárcere, multa de 1.080 euros, e liberdade vixiada por 12 anos. Ademais, estableceu indemnizacións aos menores e ao Sergas por case 30.000 euros. A súa defensa presentou recurso de apelación alegando, entre outras cuestións, que non había probas cargo e que, as probas practicadas non foran valoradas correctamente.

O TSXG desestimou eses argumentos, e deu credibilidade á versión das vítimas, declarando na súa sentenza que “os razoamentos da Audiencia Provincial teñen suficiente base probatoria” para a condena. Con todo, si aceptou deixar sen efecto a parte da sentenza do tribunal provincial que substituía a pena privativa de liberdade pola expulsión do país.

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...