InicioCulturaO SonRías Baixas pon á venda os abonos para a edición de...

O SonRías Baixas pon á venda os abonos para a edición de 2024, encabezada por La Oreja de Van Gogh e Tanxugueiras

A súa 21ª edición celebrarase en Bueu os próximos 1, 2 e 3 de agosto, encabezada por La Oreja de Van Gogh e Tanxugueiras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival SonRias Baixas puxo á venda os abonos para a celebración da súa 21ª edición en Bueu, os próximos 1, 2 e 3 de agosto, encabezada por La Oreja de Van Gogh e Tanxugueiras. Os abonos xa están dispoñibles desde a web do festival, www.sonriasbaixas.info, e a través de Enterticket.es. Os 500 primeiros compradores poderán obter as súas entradas por 45 euros máis gastos de xestión.

Esta edición estará encabezada por nomes como La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Ginebras, Álvaro de Luna ou Rayden, nunha aposta da organización, a promotora PlayPlan, para “tratar de cambiar a tendencia marcada pola propia industria musical, e apostando por un forte protagonismo das bandas lideradas e formadas por mulleres como nomes principais do cartel”.

Tamén se mantén unha forte representación da escena musical galega, con nomes como Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela ou The Rapants, encabezada pola punta de lanza deste auxe que está a vivir o panorama galego, como son Tanxugueiras. A todos estes nomes súmanselles as interesantes propostas de Chef’Special, La La Love You, Anabel Le, Cool Nenas, Emlan, Gilipojazz, Inés Hernand, La Élite, Morochos, Mr. Kilombo, Muerdo, Sexy Zebras e Travis Birds, “mantendo así a tendencia do festival de ser un altofalante para coñecer novas propostas musicais”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...