InicioPolíticaContinúa a disputa entre PP e PSOE por chamar "chacha" de Caballero...

Continúa a disputa entre PP e PSOE por chamar “chacha” de Caballero a Carmela Silva

PUBLICADO O

- Advertisement -

Carlos López Font, portavoz do goberno municipal vigués, acusa a Feijóo de ser cómplice do alcalde de Vilanova, que chamou “chacha” á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

O presidente da Xunta si recoñeceu que as palabras de Gonzalo Durán non foron acertadas pero non aceptou cesalo, a pesar dos desexos socialistas tralo estalido da polémica. “Non admito leccións do concello máis bronco de Galicia”, advertiu Feijóo.

Font acusa ao presidente da Xunta de “avalar insultos machistas” a Carmela Silva, que segundo o goberno vigués foi atacada e insultada “só polo feito de ser muller”. O asunto non quedará aquí, posto que a Deputación de Pontevedra presentará unha denuncia aos “ataques machistas, inxurias, calumnias e posible incitación ao odio” das declaracións de Durán, alcalde de Vilanova de Arousa, que desprezou a Silva como a “chacha para todo” de Caballero.

Para o goberno socialista trátase dun “ataque á dignidade de tódalas mulleres”, e asegurou que Silva “non volverá a refererirse a este señor”. Cualificou as palabras de Durán como “linguaxe bélica”, “ataque machista, clasista e fascista”.

Feijóo e Caballero/ Miguel Núñez

Tamén dixo López Font da secretaria de Igualdade da Xunta, López Abella, que se non rexeita publicamente estas palabras “quedará inhabilitada para exercer a función que lle corresponde, que é a de representar ás mulleres na administración autonómica”.

“Empézase insultando á muller, sendo peiorativo con ela, e continúase coa violencia de xénero e matándoa”, asegurou Font, que advertiu neste tipo de descualificacións “a orixe da violencia machista”, e engadiu que “o que non se manifesta en contra é cómplice”.

Non é a primeira vez que a presidenta da Deputación de Pontevedra é insultada, segundo Font pola súa “condición de muller”: o concelleiro do PP en Moraña Jorge Caldas chamouna nunha ocasión “lercha” e “mala raposa”.

Feijóo, pola súa banda, di que despois das “barbaridades” que escoitou este martes no Debate sobre o Estado da Autonomía “ninguén está en condicións de dar leccións”, e menos, o que para Feijóo é o Concello máis “bronco” de Galicia, Vigo, o que segundo o presidente da Xunta ten “a descualificación e a falta de respecto coa forma de actuar, sobre todo coa portavoz da oposición”, é dicir, Elena Muñoz.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...