InicioSociedadeO informe pericial da Policía ratifica que non se poden obter datos...

O informe pericial da Policía ratifica que non se poden obter datos do móbil de Déborah Fernández

O teléfono da moza estivo desaparecido durante case 20 anos e, de forma casual, foi localizado en setembro de 2022 durante a realización dunhas obras en instalacións policiais de Madrid. O móbil apareceu entón, iso si, sen cartón SIM.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución 2 de Tui recibiu xa o informe pericial elaborado pola Policía Nacional en relación ao teléfono móbil da moza Déborah Fernández Cervera, cuxo cadáver apareceu nunha cuneta rodeado de pistas falsas en maio de 2002, e confirma o que xa se esperaba, que é imposible obter información sobre contactos, chamados ou mensaxes dese terminal.

O teléfono da moza estivo desaparecido durante case 20 anos e, de forma casual, foi localizado en setembro de 2022 durante a realización dunhas obras en instalacións policiais de Madrid. O móbil apareceu entón, iso si, sen cartón SIM. Xa os peritos da empresa Lazarus Tecnologies advertiron no seu momento das dificultades de obter algunha información válida sen ese cartón, tendo en conta as características do teléfono.

Ese extremo foi corroborado polos peritos policiais nun informe, asinado en setembro de 2023, pero que non foi remitido ao xulgado de instrución ata fai un par de semanas. Este feito levou á familia de Déborah a mostrar a súa “indignación”, e tamén polo feito de que o informe policial conste de “só nove liñas, e sen dar explicacións das actuacións levadas a cabo”. Ademais, lembraron os letrados da familia, esas comprobacións por parte da Policía realizáronse sen permitir a presenza dos peritos das partes.

TOMA DE MOSTRA DE ADN

Por outra banda, o xulgado confirmou que se procederá a toma de novas mostras de ADN do único investigado nesta causa, o exmozo da moza aínda que, explicou a familia, de novo o trámite realizarase sen permitir a presenza dos seus letrados. Esta proba foi pedida no seu día pola familia, xa que a obtención de ADN realizada en 2002 “era de todo punto irregular, pois non había dato fidedigno algún de que fóra a el” a quen se lle tomou a mostra. Ademais, en 2010 tomouse outra mostra que, “ou ben non se remitiu ao Instituto Nacional de Toxicoloxía, ou ben o resultado non se uniu ás actuacións, pois non consta”.

A familia, en calquera caso, pediu renunciar a esa dilixencia (algo ao que non accedeu o xulgado), pois sostén que non haberá coincidencia co ADN atopado no seme que Déborah tiña no seu corpo, colocado ‘post mortem’ e no pano achado xunto ao cadáver. “Ao noso xuízo, púxose ese seme para despistar, como proba de descargo”, incidiron os avogados. Nos últimos días, o xulgado acordou prorrogar a instrución outros 6 meses, precisamente para que levasen a cabo estas dilixencias pendentes, aínda que a familia reiterou a súa petición de que se arquive a causa, tras décadas de “malos tratos” do sistema de xustiza.

ÚLTIMAS

Incautados en Tahití case 524 quilos de cocaína nun pesqueiro con base en Vigo

A Mariña francesa incautouse dun alixo de 524 quilos de cocaína atopado nun barco pesqueiro con...

Abel Caballero saca peito do feito no ano 2024, “o mellor ano na historia de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do 2024, "o mellor ano na historia...

Defensa da Sanidade Pública denuncia que o contrato da Xunta con Povisa “consolida a privatización hospitalaria”

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denunciou que o contrato con...

OPINIÓN.- Vigo e a construción da paz mundial

A construción dunha Europa internacionalista e pacífica require unha profunda transformación nas dinámicas de...