InicioSociedadeO PP de Redondela pide reabrir a auditoría sobre a subvención para...

O PP de Redondela pide reabrir a auditoría sobre a subvención para o Mercado e ameaza con acudir a Fiscalía

Para os 'populares' a auditoría confirma que se produciron "graves irregularidades" na tramitación desa solicitude de subvención

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP en Redondela denunciou este venres que a auditoría interna encargada polo goberno local para aclarar as supostas irregularidades na tramitación dunha subvención (para melloras no Mercado de Abastos da vila) pechouse “en falso” e esixiu a reapertura da investigación para coñecer “ata o final” todo o ocorrido nese procedemento.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Javier Bas, sinalou que a auditoría conclúe que, efectivamente, presentouse documentación para pedir esa subvención (que foi denegada) que incluía unha firma “manipulada” dun arquitecto.

Os ‘populares’ tamén denunciaron que, na propia auditoría, o perito informático encargado de facer a investigación propón que se realicen unha serie de dilixencias para aclarar que persoas foron responsables de manipular esa documentación e, con todo, o goberno local non practicou ningunha das probas solicitadas.

Segundo explicaron, tal e como se recolle no informe, no expediente figuran varias entradas dunha persoa que estaba entón na Corporación Municipal e era “da máxima confianza” da alcaldesa, Digna Rivas. Esa persoa realizou ata 20 modificacións na documentación e foi requirida polo Concello para que explicase as circunstancias desas entradas.

“Sorprendentemente, nin a persoa responsable de subir os documentos atendeu ao requirimento, nin o Concello fixo unha nova tentativa para puxese a disposición do instrutor a información e as probas que puidese ter na súa poder”, denunciou o grupo do PP.

Para os ‘populares’ a auditoría confirma que se produciron “graves irregularidades” na tramitación desa solicitude de subvención, e censuraron a “falta de interese” do goberno local por investigar a identidade dos responsables.

Por todo iso, esixiron a reapertura da investigación, a práctica das dilixencias solicitadas polo perito informático e que a alcaldesa socialista cumpra o seu compromiso de “chegar ata o final” nas pescudas. Pola contra, advertiron desde o PP, porán a documentación en mans dos seus servizos xurídicos para que valoren a posibilidade de trasladar os feitos á Fiscalía.

O grupo municipal do PP hai semanas que denunciou as presuntas irregularidades nese expediente e a alcaldesa, Digna Rivas, presentou unha querela contra Javier Bas por calumnias, pero o xulgado arquivouna.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...