InicioSucesosUn incendio nunha nave con botes de pintura e bombonas en Salceda...

Un incendio nunha nave con botes de pintura e bombonas en Salceda calcina dúas máquinas e un coche

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio nunha nave no municipio de Salceda de Caselas calcinou dúas máquinas e un coche na mañá deste venres. Neste sentido, o 112 Galicia informa de que “a rápida actuación dos servizos de extinción evitou que os danos materiais fosen maiores neste incendio”.

Sobre as 10.15 horas, o 112 Galicia tivo constancia dunha nave que estaba a arder no lugar de Montecelo, na parroquia de San Xurxo de Salceda. Foi a través da chamada dun particular, que alertaba sobre a presenza de elementos como bombonas ou botes de pintura. O lume, que comezou nun vehículo, parecía descontrolarse e propagouse por outros puntos das instalacións.

Os Bombeiros do Baixo Miño fixéronse cargo das tarefas de extinción. Controlaron o incendio rapidamente e comunicaron que, ademais dos elementos que arderon, o teito viuse afectado pola calor. Tamén colaboraron o persoal do 061 de modo preventivo, os axentes da Policía Local e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...