InicioPolíticaAbel Caballero di que a rede de moi alta tensión "ten datas",...

Abel Caballero di que a rede de moi alta tensión “ten datas”, despois de que Stellantis urxise prazos concretos

Asegurando que como moi tarde estará dispoñible en 2026.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou este mércores que a rede de moi alta tensión para Vigo “ten datas”, asegurando que como moi tarde estará dispoñible en 2026, despois de que o director da factoría viguesa de Stellantis urxise este martes ao Goberno prazos concretos para a mesma.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, Caballero insistiu en que o Executivo central modificou o plan de desenvolvemento da rede eléctrica para incluír esta reclamación da industria olívica, que contará cun investimento de 72 millóns de euros.

O rexedor socialista puxo en valor que o Goberno tamén garantirá o acceso de Stellantis a axudas europeas a través do Perte. Ademais, destacou que tanto o Concello como Zona Franca darán vantaxes á compañía para que manteña a súa actividade en Vigo, preguntándose, unha vez máis, “que achega a Xunta”, que “se saca fotos”.

Todo iso un día despois de que o urxise a concreción de prazos para a construción da nova subestación eléctrica e a conexión da planta coa liña de moi alta tensión, sinalando que este servizo é “necesario para a supervivencia da fábrica”.

Bo afirmou que, aínda que xa hai confirmación do Goberno de España de que a fábrica viguesa terá esa moi alta tensión, aínda non hai prazos. “Xa nos gustaría ter (prazos) concretos”, proclamou.

ÚLTIMAS

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...

Caballero esixe explicacións a Rueda polas “mentiras” sobre o AVE Vigo-O Porto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu este xoves explicacións a Alfonso Rueda e...