InicioVigo e contornaVigoO PP vigués critica ao goberno local polos "continuos sobrecustos" das obras...

O PP vigués critica ao goberno local polos “continuos sobrecustos” das obras municipais

O edil Fernando G. Abeijón cualificou esta situación de "escándalo", lamentando que o modificado do proxecto desta praza non se publicou na plataforma pública de contratación ata esta semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo alertou dos “continuos sobrecustos” das obras municipais no Concello olívico, tras detectar un “desfasamento” do 25% na recente reforma da Praza Elíptica.

Segundo os ‘populares’, esta humanización é a última en sumarse a unha “longa listaxe” de revisións de prezos sobre as que o PP leva tempo pondo a lupa.

O edil Fernando G. Abeijón cualificou esta situación de “escándalo”, lamentando que o modificado do proxecto desta praza non se publicou na plataforma pública de contratación ata esta semana.

“E, por se isto fose pouco, foi aprobado ás ocultas nunha xunta de goberno local extraordinaria e urxente convocada para o mediodía da última xornada hábil de 2022”, engadiu.

“Estamos ante o enésimo sobrecusto deste goberno socialista. O ascensor Halo, cada bancada que se reforma no estadio de Balaídos, o túnel da Porta do Sol, os accesos a Vialia… As arcas municipais afrontan continuamente revisións de orzamento á alza, que adoitan ir acompañadas de incumprimentos nos prazos de execución”, insistiu o concelleiro.

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...