InicioCulturaA exposición da fotógrafa Mary Quintero despídese este venres do Museo do...

A exposición da fotógrafa Mary Quintero despídese este venres do Museo do Mar

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, puxo en valor a figura da fotógrafa Mary Quintero e a súa "pisada na historia colectiva" de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, puxo en valor a figura da fotógrafa Mary Quintero e a súa “pisada na historia colectiva” de Galicia. Así o sinalou este mércores na presentación do catálogo da mostra ‘A imaxinación no interior dun estudo: o fondo Mary Quintero’, unha exposición que se despide este venres no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

“Para os que non se poden achegar a coñecer este traballo, lanzamos o catálogo, co que descubrir máis sobre a fonda pisada de Mary Quintero na fotografía, pois é tamén unha parte da nosa historia colectiva”, afirmou Rodríguez, segundo recolle a Xunta nun comunicado. A colección pertence ao fondo de Mary Quintero do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra e conta con 50 fotografías e negativos asociados, así como fotos e planos sobre o edificio pontevedrés do arquivo e da xestión documental que realiza nos seus fondos.

Mary Quintero naceu en Melide en 1931 e en maio de 2022 legou a súa produción fotográfica ao arquivo pontevedrés, incluíndo os seus inicios na fotografía ata o seu paso pola publicidade. Segundo o conselleiro, a artista “escribiu un dos máis importantes capítulos da historia da fotografía galega”, sendo a única muller da industria fotográfica en congresos durante moito tempo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...