InicioSucesosDetidos dous veciños de Bueu pola suposta comisión dun delito de tráfico...

Detidos dous veciños de Bueu pola suposta comisión dun delito de tráfico de drogas

A Garda Civil tamén informou de que investiga a un home por apropiación indebida dun vehículo, despois de ser interceptado en Redondela conducindo un coche roubado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Garda Civil detivo a dous veciños da localidade pontevedresa de Bueu como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas, achando no seu domicilio ata 430 doses de heroína e 70 de cocaína, ademais de 2.000 euros en efectivo. Tal como informou a Benemérita, a investigación iniciouse hai dous meses, cando se detectou un domicilio desde o cal se distribuirían estupefacientes no centro urbano de Bueu. No rexistro desta vivenda, atopáronse drogas e diñeiro en efectivo, polo que os seus dous moradores foron detidos, tratándose dun home de 58 anos e unha muller de 46. Os dous contaban con antecedentes pola comisión de delitos de tráfico de drogas.

UN HOME, INVESTIGADO POR ROUBO DE VEHÍCULO

Por outra banda, a Garda Civil tamén informou de que investiga a un home por apropiación indebida dun vehículo, despois de ser interceptado en Redondela conducindo un coche roubado. Os feitos ocorreron na mañá do 8 de xaneiro, cando unha patrulla deu o alto a un home que circulaba facendo uso do teléfono móbil. Tratábase dun veciño de Ponteareas de 52 anos de idade, pero o automóbil non figuraba ao seu nome. Tras comprobalo, constaba unha denuncia por subtracción, presentada en Vigo. Por iso, procedeuse á súa investigación por un delito de apropiación indebida, remitindo dilixencias ao Xulgado de Garda de Redondela.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...