InicioSociedadeO Sergas inviste máis de 234.000 euros en 91 camas para a...

O Sergas inviste máis de 234.000 euros en 91 camas para a unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro

A maioría destas camas substituirán o parque antigo desta unidade, mentres que outras se destinarán á unidade Infanto-Xuvenil de psiquiatría, recentemente inaugurada no devandito centro hospitalario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Servizo Galego de Saúde (Sergas) investiu máis de 234.000 euros en 91 novas camas para a unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigosegundo publica o Diario Oficial da Unión Europea este mércores. Tal como explicou a Xunta nun comunicado, a maioría destas camas substituirán o parque antigo desta unidade, mentres que outras se destinarán á unidade Infanto-Xuvenil de psiquiatría, recentemente inaugurada no devandito centro hospitalario.

A selección destas novas camas baseouse nunha combinación de seguridade e confort para o paciente, con especial incidencia na altura mínima do plano para prever danos producidos por caídas en persoas medicadas con fármacos que poden inducir á inestabilidade motora e do equilibrio ou para favorecer a autonomía naquelas con problemas de mobilidade.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...