InicioCulturaUn mural de Lula Goce en Nigrán compite para proclamarse o mellor...

Un mural de Lula Goce en Nigrán compite para proclamarse o mellor do mundo na plataforma ‘Streetartcities’

'A dona do esteiro' foi contratada en abril de 2023 polo Concello e, segundo sinalou a artista, a imaxe pretende trasladar unha mensaxe de defensa do medio ambiente e do estuario do Miñor, e de "orgullo de pertenza e de identidade compartida".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O mural ‘A dona do esteiro’, de Lula Goce, que pode verse na Ramallosa, en Nigrán, compite estes días con outros 50 traballos artísticos, na plataforma internacional streetartcities.com para proclamarse o mellor do mundo. A obra da artista baionesa, situada nunha medianeira de 250 metros cadrados entre as rúas Argonautas e Romana Baixa, mostra un rostro feminino adornado con motivos vexetais e mariños, e outros elementos naturais.

Concello de Nigrán animou aos veciños a entrar na web desta plataforma para votar pola obra de Lula Goce, e subliñou que o mural, ademais de supor a “transformación” da zona, tivo unha acollida “incrible” por parte dos cidadáns, de modo que se converteu en “un referente máis” do municipio, segundo o alcalde, Juan González.

O municipio de Nigrán reúne o maior número de obras de Lula Goce en Galicia. En 2018 pintou a fachada do CEIP Carlos Casares de Vilariño, en 2020 o campo municipal de Condomínguez en Priegue, e tamén ese ano, un gran mural en Panxón. ‘A dona do esteiro’ foi contratada en abril de 2023 polo Concello e, segundo sinalou a artista, a imaxe pretende trasladar unha mensaxe de defensa do medio ambiente e do estuario do Miñor, e de “orgullo de pertenza e de identidade compartida”.

Neste mural, por primeira vez a artista empregou a intelixencia artificial para xerar o rostro da muller retratada, a partir dunha mestura de imaxes de Penélope Cruz e outras caras femininas elixidas aleatoriamente. Con todo, a pintura está dedicada a unha muller moi concreta, Lourdes Goce, nai de Lula, “pola súa tenacidade, forza e capacidade para superar todos os obstáculos que a vida a expón”.

Lula Goce, licenciada en Belas Artes en Salamanca e máster de creación artística e DEA na Facultade de Belas Artes da UB Barcelona, formou parte de espazos artísticos como Hangar en Poblenou, Caminal ou A Escocesa. O seu traballo como muralista foi recoñecido a nivel internacional e, en próximas datas, traballará nunha pintura nunha adega de Requena, en Mónaco coa Fundación Príncipe Alberto, coa Fundación Celta de Vigo, e en Suíza, Detroit, Santiago, Doha ou Mallorca.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...