InicioSucesosIntervidos máis de 20 quilos de cocaína nun colector de peixe conxelado...

Intervidos máis de 20 quilos de cocaína nun colector de peixe conxelado destinado a unha empresa de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo e efectivos da Axencia Tributaria interviñeron máis de 20 quilos de cocaína que viaxaban escondidos nun colector de peixe conxelado, con destino a unha empresa da cidade olívica. Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse hai meses e concluíu coa localización deste colector, que transportaba mercadoría legal (peixe conxelado) desde Ecuador con destino a “unha gran empresa” de Vigo.

A droga estaba distribuída en paquetes dun quilo aproximadamente co logo “888”, e foi ocultada nun compartimento externo de refrixeración do colector. O operativo, do que se encarga a Udyco, segue en marcha e a investigación está aberta, para confirmar quen ou quenes son responsables deste envío e proceder ás detencións do suposto ou supostos autores deste delito contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...