InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Goberno e o Concello de Tui colaborarán na posta en valor...

O Goberno e o Concello de Tui colaborarán na posta en valor da Catedral con motivo do seu 800 aniversario

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, mantivo unha videoconferencia este luns co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na que abordaron a conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.

Segundo trasladou a Delegación, ambos coincidiron en sinalar este acontecemento, que se celebrará o 1 de decembro do ano 2025, como unha oportunidade para promocionar e situar a cidade a nivel cultural e artístico.

Os obxectivos que se pretenden conseguir con esta celebración son resaltar o valor histórico e artístico da Catedral, fortalecer a súa portancia e a súa promoción, así como mellorar as condicións de conservación do monumento. Ademais, tamén propoñen a celebración dun encontro entre os Gobernos de España e Portugal para resaltar a importancia da Catedral na Península Ibérica.

Sobre o Camiño de Santiago, o Concello quere facer visible a condición da Catedral de Tui como unha das principais localizacións do Camiño Portugués, xa que recibe anualmente máis de 120.000 peregrinos de múltiples nacionalidades.

En canto ás accións permanentes, preténdese renovar a iluminación exterior do monumento, eliminar o cableado da contorna monumental e crear unha infraestrutura de apoio para os visitantes.

Por outra banda, buscarase a presenza en Tui dunha exposición de ‘As idades do Home’ no ano 2026, así como o deseño dun espectáculo de luz como atracción cultural e turística e un congreso científico.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...