InicioSucesosTres atracadores levaron uns 300.000 euros a punta de pistola do Caixabank...

Tres atracadores levaron uns 300.000 euros a punta de pistola do Caixabank de Gran Vía

Fixérono na sucursal de Caixabank situada na Avenida de Gran Vía, en plena hora punta e aproveitando o aceso das luces de Nadal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional revisa imaxes gravadas polas cámaras e toma declaracións a testemuñas e empregados para atopar a tres atracadores que na tarde do xoves asaltaron a punta de pistola unha sucursal de Caixabank en Vigo, da que levaron unha cantidade que roldaría os 300.000 euros. Segundo informan fontes coñecedoras da investigación, ocorreu pasadas as 18.00 da tarde nesta oficina situada no número 78 da Avenida de Gran Vía. Nese momento, había tres traballadores que non resultaron feridos.

Os presuntos asaltantes, tres homes encapuchados, empregaron dúas armas de fogo para cometer este atraco no que se fixeron cun botín próximo aos 300.000 euros, tras o cal fuxiron á carreira. Polo momento, non transcenderon detencións nin a identidade dos atracadores e a investigación continúa aberta, en colaboración coa Policía Local. Esta mesma semana, a Garda Civil de Pontevedra informaba da detención de catro persoas vinculadas con dous atracos en entidades bancarias da provincia dos que subtraeron máis de 140.000 euros.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...