InicioVal MiñorGondomarPresentado en Gondomar o programa 'Ponte a Zero' da Deputación de Pontevedra...

Presentado en Gondomar o programa ‘Ponte a Zero’ da Deputación de Pontevedra para fomentar a compostaxe

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, presentou este xoves o novo programa ‘Ponte a Zero’, que ten como obxectivo fomentar a compostaxe e a separación de residuos en toda a provincia.

Foi durante unha visita ao CEIP Serra-Vincios de Gondomar, onde o mandatario provincial explicou ao alumnado e ao profesorado as liñas mestras deste proxecto de educación ambiental que centrará a súa actividade, con charlas, iniciativas, talleres e formación nos centros educativos da provincia e que conta cun investimento por parte da Deputación de 150.000 euros.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar os datos de compostaxe, reciclaxe e recollida selectiva do lixo no territorio pontevedrés. A provincia sitúase seis puntos por detrás da media galega en canto a reciclaxe, polo que a Deputación considera que é necesario concienciar á poboación local para que entenda a necesidade de separar correctamente os residuos para reducir os custos de recollida e tratamento e cumprir cos obxectivos marcados pola Unión Europea en materia de xestión de residuos.

Durante a visita, o presidente comentou cos estudantes de Educación primaria deste centro de Gondomar aspectos relacionados coa compostaxe e adiantoulles as actividades que realizarán ao longo do curso académico ao amparo deste programa. Tamén participou no taller organizado nunha clase do centro educativo para dar a coñecer e divulgar o programa que contará con charlas para explicar que facer cos residuos, con xogos para descubrir como reducir a contaminación, coa creación de hortas escolares e con numerosos experimentos para dar a coñecer como funciona un compostero.

DEPORTISTA

Ese mesmo xoves, Luís López recibiu no seu despacho do Pazo Provincial á promesa da xornada rítmica de Pontevedra Lola Ferro, nacida en 2010 e pertencente ao Club Treboada.

A pesar da súa mocidade, está considerada unha das principais promesas desta disciplina en España, destacando pola súa plasticidade na práctica deste deporte, do que xa é subcampioa galega. Forma parte tamén do Plan Nacional de Captación de Talentos.

ÚLTIMAS

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...