InicioSociedadeO comité de Vitrasa critica que o goberno de Vigo diga que...

O comité de Vitrasa critica que o goberno de Vigo diga que son “utilizados” por CIG e BNG

Acusan a Abel Caballero de ser el quen "politiza" o conflito.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, saíu ao paso das acusacións do goberno municipal, que manifestou que os traballadores da empresa están a ser “utilizados” por BNG e CIG para “rebentar” a cidade, e que non quixeron negociar coa concesionaria para pór fin ao conflito.

O órgano de representación dos traballadores tachou de “vergoñento e falta de respecto ao persoal” as afirmacións do portavoz do goberno local, Carlos López Font, que sinalou que o persoal e o comité están a ser “utilizados” por CIG e BNG. Respecto diso, volveron a lembrar que o comité ten representación de CIG, CC.OO., UXT e USO, e que as decisións se toman de forma unánime e por maioría na asemblea.

Ao mesmo tempo, criticaron que o goberno municipal aliñar coas teses da empresa, cando os traballadores levan “máis de dous anos esperando a que a compañía mostre disposición a negociar a renovación do convenio”. Nese sentido, contradixeron a versión de Vitrasa e do Concello sobre a reunión de mediación do pasado venres, e apuntaron que foron os sindicatos os que propuxeron suspender a folga por unha semana a cambio de manter 3 reunións de negociación ( e mantela suspendida se se ían producindo avances), algo que Vitrasa non aceptou.

Así as cousas, acusaron ao goberno de Abel Caballero de “tentar politizar unha lexítima protesta laboral” e de tentar así evitar a asunción da súa responsabilidade. “Trata de esconderse tras a cortina de fume das declaracións do alcalde, esixindo ás partes sentar a negociar”, engadiron desde o comité, á vez que matizaron que, a pesar do declarado por Abel Caballero, nin os sindicatos nin a empresa teñen noticia de como nin de canto será o reequilibrio financeiro da concesión anunciado polo rexedor.

PROTESTA ANTE O CONCELLO

O persoal de Vitrasa volveu a saír á rúa este mércores, na quinta xornada de folga indefinida, e concentrouse ás portas do Concello de Vigo, nun acto no que tamén participaron, como mostra de apoio, o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, e o concelleiro do PP, Miguel Martín. Nesa concentración, o presidente do comité, Imanol Arnoso (CIG), valorou o seguimento da folga e a participación dos traballadores, que “están a responder”, e tamén censurou as palabras de López Font. “Como non teñen outra cousa que dicir, buscan escusas”, constatou.

Con respecto ao anuncio do alcalde sobre o reequilibrio económico da concesión, insistiu en que Vitrasa afirma non ter ningunha certeza e que, cando se produza esa compensación económica, podería cambiar a súa posición. “A nós iso non nos importa, é cousa do Concello e da empresa. Nós o que necesitamos é un acordo cos traballadores”, proclamou Arnoso, que reiterou que “é mentira” que Vitrasa estea en quebra.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...