InicioSociedadeFacua contra Air Nostrum porque debería abonar as compensacións "automáticamente" aos afectados

Facua contra Air Nostrum porque debería abonar as compensacións “automáticamente” aos afectados

 A asociación de consumidores acusou á aerolínea de "ocultar" información sobre isto aos que quedaron en terra no aerporto de Vigo pola cesión ao Sevilla FC.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación de consumidores Facua acusou á aerolínea Air Nostrum de “ocultar” as compensacións económicas que poden percibir os afectados que quedaron en terra no aeroporto de Vigo despois de que a compañía decidise ceder o avión á expedición do Sevilla FC que viaxara á cidade olívica para xogar contra o Celta.

Nun comunicado emitido este venres, Facua afirmou que a aerolínea enviou un correo electrónico aos afectados polo ocorrido o pasado sábado 4 de novembro no que “non detalla” as cantidades que poden reclamar, que ascende a 250 euros como establecen as normas europeas sobre compensación e asistencia aos pasaxeiros aéreos en caso de denegación de embarque e cancelación ou gran atraso.

A asociación lembra que o artigo 14 desta lei comunitaria establece que a aerolínea que denegue o embarque ou cancele un voo “deberá proporcionar a cada un dos pasaxeiros afectados un impreso no que se indiquen as normas en materia de compensación e asistencia con arranxo ao presente regulamento”. Facua sostén que varios pasaxeiros lle trasladaron que non recibiron tal impreso nin información sobre os seus dereitos e que unicamente se lles indicou que tiñan a posibilidade de pór unha folla de reclamacións.

Deste xeito, a entidade de consumidores sentenciou que Air Nostrum debería abonar as compensacións “de maneira automática” a todos os afectados “sen necesidade de que as soliciten” e “con independencia de que reclamen ou non outras cantidades polos gastos que sufriron e outros prexuízos causados”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...