InicioCulturaA UVigo liderará tres proxectos transfronteirizos cun orzamento de 800.000 euros

A UVigo liderará tres proxectos transfronteirizos cun orzamento de 800.000 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) liderará tres proxectos da nova convocatoria do programa Poctep, unha iniciativa de cooperación transfronteiriza dentro da Interreg V España-Portugal, que contarán cun orzamento duns 800.000 euros. En concreto, estes tres proxectos estarán centrados no sector aeroespacial, nos incendios forestais e na biofabricación de órganos, segundo se recolle no Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

Ademais, o centro participará como socio noutros nove proxectos, o que se traduce nunha taxa de éxito do 37,5 %, xa que das 32 propostas presentadas foron aprobadas 12. Para a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, esta é unha “gran satisfacción”, xa que este ano foi o que máis número de proxectos presentáronse a esta convocatoria.

Sobre os tres que coordinará a UVigo, Rubio destacou AeroGanp, centrado no ámbito aeroespacial, porque “mostra a influencia e o potencial da creación do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais e a relevancia deste novo instituto para a transferencia de coñecemento neste sector na eurorrexión“. Pola súa banda, Iberos+ está relacionado coa biofabricación e o papel para o envellecemento saudable, mentres que Firepoctep+ estará centrado na resposta ante os incendios forestais, “moi importante especialmente nestes momentos de cambio climático”.

ÚLTIMAS

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...