InicioSociedadeA Policía Local rescata a unha anciá que levaba días tirada no...

A Policía Local rescata a unha anciá que levaba días tirada no chan da súa vivenda na rúa Romil tras unha caída

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo rescataron a unha veciña de idade avanzada da cidade, que sufrira unha caída no seu domicilio e que levaba máis de dous días tirada no chan, sen poder levantarse. Segundo informaron fontes policiais, o 092 recibiu unha chamada para acudir a un inmoble da rúa Romil, porque un veciño alertara de que levaba tempo sen ver a unha das moradoras do edificio, unha muller de avanzada idade.

Unha vez no lugar, os axentes chamaron de forma reiterada á porta da vivenda da anciá, e escoitaron un berro de auxilio. Tras contactar con outra veciña que tiña copia das chaves, puideron acceder ao domicilio, onde se atoparon á muller, tirada no chan, mollada e temblorosa.

A anciá puido balbucear que sufriu unha caída tras escorregarse e que vive soa, polo que levaba máis de dous días tirada no chan. A muller refería que se atopaba mareada e tiña unha forte dor de cabeza. Os axentes requiriron a presenza dunha ambulancia e, tras unha primeira asistencia sanitaria, a muller foi evacuada a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...