InicioSucesosControlado outro incendio na antiga nave de Massó en Cangas

Controlado outro incendio na antiga nave de Massó en Cangas

O que fixeron os efectivos foi retirar o material que había no interior e dividírono en tres grupos de maneira que, se volve arder "non cause tanto problema". Os servizos de emerxencia indicaron que había bastantes palés de cartón no interior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un novo incendio rexistrado na mañá deste domingo na antiga nave de Massó na localidade pontevedresa de Cangas quedou controlado e queda desactivado o Plan de Emerxencias Municipal. A alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido, explicou, a Europa Press, que o que fixeron os efectivos foi retirar o material que había no interior e dividírono en tres grupos de maneira que, se volve arder “non cause tanto problema”.

Segundo informou o 112, na xornada do sábado tiveron un primeiro aviso de fume e ata alí desprazáronse os servizos de emerxencia que indicaron que había bastantes palés de cartón no interior. Esta semana xa se produciu outro incendio nas mesmas instalacións, que se atopan tapiadas desde hai meses e que xa sufriron outro lume a semana pasada.

ÚLTIMAS

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...