InicioSociedadeO Centro de Saúde do Porriño estrea este martes as súas novas...

O Centro de Saúde do Porriño estrea este martes as súas novas instalacións de 1.100 metros cadrados

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro de Saúde do Porriño estrea este martes as súas novas instalacións, despois de que a Xunta de Galicia investise uns 4,3 millóns de euros na ampliación das súas infraestruturas.

Tal como informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado, as obras permitiron ampliar a superficie do centro en 1.100 metros cadrados, polo que se reorganizarán e redistribuirán os seus servizos entre o antigo e o novo edificio.

A nova estrutura conta con tres plantas e acolle o Punto de Atención Continuada (PAC), unha nova área de Fisioterapia e gran parte dos servizos asistenciais. A obra permitiu incrementar a área de adultos en seis consultas máis; a de pediatría, en tres, e a PAC, en catro.

Unha vez terminada esta ampliación, vaise a acometer a segunda fase da obra, que suporá a reforma do edificio orixinal.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...