InicioSucesosDesmantelada unha banda de xeorxianos que marcaba casas de propietarios que estaban...

Desmantelada unha banda de xeorxianos que marcaba casas de propietarios que estaban de vacacións para roubalas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Ourense detiveron o pasado mes de xullo a tres cidadáns de países do leste de Europa como presuntos autores de 18 roubos con forza en domicilios das cidades de Ourense e Vigo.

A pesar de que as detencións tiveron lugar o pasado 24 de xullo, a Policía informou este luns dos arrestos, e precisou que os roubos se cometeron entre Semana Santa e xullo deste ano. A investigación iniciouse ao detectarse a presenza de cidadáns xeorxianos na cidade de Ourense, a pasada Semana Santa, coincidindo cunha onda de roubos en domicilios, nos que se utilizaba a técnica do ‘impresioning‘ (facer copias de chaves sen ter acceso a elas) para abrir fechaduras.

Os integrantes deste grupo criminal realizaban previamente unha ‘sementeira’, para marcar as vivendas que ían á asaltar, introducindo boliñas de papel ou toalliñas nos nos buracos das fechaduras, para saber se os moradores dos domicilios estaban neles ou non.

Os axentes contaron con colaboración doutras comisarías, como a de Vigo ou a de Barcelona, mesmo da Comisaría Xeral da Policía Xudicial, debido ás dificultades para seguir aos delincuentes, que actuaban de forma itinerante.

Despois de Semana Santa, os sospeitosos abandonaron España (tras cometer 10 roubos en Ourense) e regresaron a finais de xullo para continuar a súa actividade delituosa. A Policía comprobou que se movían entre as cidades de Vigo e Ourense, con desprazamentos tamén a Madrid e Barcelona, onde contactaban con outros compatriotas xeorxianos.

Finalmente, o pasado mes de xullo foron detidos dous deles nun establecemento rural de Ourense, mentres que o terceiro foi arrestado en Benavente (Zamora). Aos detidos interviñéronselles xoias, reloxos e outros efectos roubados e, tras pasar a disposición xudicial, decretouse o seu ingreso en prisión preventiva.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...