InicioPolíticaBNG acusa a Caballero de "estafar" aos vigueses por mentir co "retorno...

BNG acusa a Caballero de “estafar” aos vigueses por mentir co “retorno millonario” do Nadal

Di que o rexedor non amosou ningún dato económico serio que avale o retorno económico do Nadal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG de Vigo esixiu este mércores ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que “non volva tentar estafar aos vigueses con datos inventados” sobre o retorno económico da campaña de Nadal, tras constatar que ese suposto retorno de máis de mil millóns de euros do que presume o rexedor non casa cos datos de recadación tributaria e as cifras de emprego no sector servizos durante eses meses.

Nun comunicado remitido aos medios, o portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lembrou que o alcalde “se atreveu a dicir que o Nadal era a principal industria da cidade“, un “absoluto disparate” por parte de Caballero, que non achegou “nin datos oficiais, nin informes técnicos nin ningún indicador obxetivable” que o avalase.

Pérez Igrexas denunciou que o goberno local utiliza ese suposto movemento económico para “xustificar” a “imposición” dun modelo de campaña do Nadal que, durante tres meses, “reduce a cidade a un parque temático inhabitable e inseguro”. “A cifra de mil millóns de euros de retorno só existe na cabeza do alcalde”, constatou o edil do BNG.

Respecto diso, explicou que, segundo os datos desagregados de recadación do IVE feitos públicos pola Axencia Tributaria, nos meses de novembro de 2022 a xaneiro de 2023, esa recadación baixou un 7,37 % con respecto ao Nadal anterior. Así mesmo, engadiu, as cifras de desemprego reflicten que, en novembro e decembro creáronse só 192 empregos no sector servizos, mentres que xaneiro acabou con 195 empregos menos.

Segundo sinalou Pérez Igrexas, “un catedrático de Economía” como Abel Caballero é “perfectamente consciente” de que un retorno económico de mil millóns de euros tería que ter reflexo tanto na recadación impositiva como na creación de postos de traballo.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...