InicioVigo e contornaRedondelaUn incendio deixa danos materiais no almacén dun comercio en Redondela

Un incendio deixa danos materiais no almacén dun comercio en Redondela

O 112 foi avisado por un particular.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio rexistrado este martes no almacén dun comercio en Redondela saldouse con danos materiais, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

A alerta activouse sobre as 17,00 horas, cando un particular avisou a Emerxencias de que se estaba producindo un incendio nese establecemento, situado na rúa Pai Crespo. A testemuña tamén confirmou que non había persoas afectadas.

O 112 Galicia deu aviso aos bombeiros de Vigo e do Porriño, ao GES de Mos, á Policía Nacional e Local e a Protección Civil de Redondela. Unha vez finalizada a intervención, os servizos de Emerxencias informaron de que as chamas quedaran extinguidas e que se estaban levando a cabo tarefas de ventilación.

A pesar de que ninguén resultou ferido, os axentes da Policía Local deron indicacións aos veciños para que pechasen as xanelas das súas vivendas, debido á gran acumulación de fume que, ademais do almacén, afectou os inmobles lindeiros.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...