InicioSucesosInterceptado en Vigo un mozo que impactou contra unha marquesiña de Vitrasa...

Interceptado en Vigo un mozo que impactou contra unha marquesiña de Vitrasa ao conducir triplicando a taxa de alcol

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo interceptou na madrugada do pasado luns a un mozo, de 29 anos de idade, que se deu á fuga tras impactar contra unha marquesiña de Vitrasa mentres conducía triplicando a taxa de alcol permitida.

Foi pasadas as 00,20 horas cando unha testemuña alertou aos axentes, indicando que se acababa de producir un accidente de tráfico no que un coche se saíu da vía na rúa Alcalde Lavadores e chocara contra unha marquesiña, fuxindo do lugar.

Unha vez no punto, os funcionarvos falaron co informante e observaron os danos causados, polo que comezaron a procura do automóbil, localizándoo no camiño Caringosta. Alí identificaron o condutor, que presentaba síntomas de estar influenciado pola inxesta de bebidas alcohólicas, realizándolle unha proba con resultado positivo de 0,87 e 0,83 miligramos por litro de aire aspirado.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...